Mapa Xeral

Unha visión global de Betanzos e dos seus principais recursos turísticos

Río Mandeo

Río Mandeo

O río Mandeo destaca pola súa riqueza piscícola e por acoller a romaría dos Caneiros, a maior romaría profana de Galicia.
O Mandeo é un río que destaca pola súa riqueza piscícola, con importantes cotos de pesca de salmón e troita; e pola celebración ás súas beiras da romaría dos Caneiros, a maior romaría profana de Galicia. A existencia de numerosas centrais hidroeléctricas no seu leito provocou, nos últimos anos, unha forte polémica, polo suposto perigo dos cambios repentinos de caudal que conleva o seu funcionamento. Nace no lugar do Marco das Pías, no municipio coruñés de Sobrado a uns 700 metros de altitude. Percorre os municipios de Sobrado dos Monxes, Aranga, Curtis, Irixoa, Coirós, Paderne e Betanzos, cunha lonxitude total dun 64 km. É o segundo río máis importante das Rías Altas, por detrás do Eume. Desemboca na cidade de Betanzos, onde se une co río Mendo para formar a ría de Betanzos.