Mapa Xeral

Unha visión global de Betanzos e dos seus principais recursos turísticos

Antigo Hospital de Santo Antonio

Antigo Hospital de Santo Antonio

Encóntrase situado na praza de San Roque. Foi fundado por Antonio Sánchez de Taibo no século XVII, co obxectivo de albergar habitantes de Betanzos e peregrinos e peregrinas do Camiño Inglés a Santiago. As numerosas reformas sufridas polo edificio fan que só se conserve da fábrica orixinal un sinxelo claustro, así como o arco e as escaleiras de acceso á planta alta. Actualmente alberga os xulgados. Na súa capela estaban expostas 13 táboas ao óleo pertencentes á Escola de Rubens, que agora se custodian no Museo das Mariñas.