Mapa Xeral

Unha visión global de Betanzos e dos seus principais recursos turísticos

Hórreos da Galera

Hórreos da Galera

Conxunto de cinco hórreos tipo Mariñán xunto ao río Mendo, lembranza do antigo espazo de secado do millo desde o século XVII.
Conxunto de 5 hórreos de tipo mariñán á beira do río Mendo en recordo do antigo conxunto de máis de 15 que ocupaban o lugar outrora, onde secaban a produción de millo desde a introdución en Galicia deste cereal no século XVII. A cámara é de madeira, con barrotes verticais. Tres deles están pintados de verde e os outros dous, en vermello. A porta de acceso sitúase nun lado costal. Na actualidade apoian sobre cepas, aínda que no conxunto primitivo habíaos tanto sobre postes de madeira como sobre cepas de cachotería. As cubertas son de tella do país, a dúas augas e non presentan adornos.