Mapa Xeral

Unha visión global de Betanzos e dos seus principais recursos turísticos

Cruceiro de Santa María

Cruceiro de Santa María

Cruceiro situado no centro histórico de Betanzos
Está situado no adro da igrexa de Santa María de Azogue. Está fabricado en granito e ten unhas dimensións de 4,60 m de alto por 1,62 m de base. A plataforma componse de tres bancadas graduadas cuadrangulares e non leva pedestal. A columna deseñada de forma cilíndrica, presenta estrías verticais e remate en forma de colariño. O capitel é de orde dórica e ten unhas volutas esquemáticas nas esquinas. A cruz, de forma latina, leva sección rectangular lisa. Presenta imaxes tanto no anverso como no reverso. A primeiro mostra un Cristo crucificado, coa palabra INRI na cabeceira; o segundo, a Virxe Dolorosa, en actitude orante, colocada sobre peana de querubín alado.