Mapa Xeral

Unha visión global de Betanzos e dos seus principais recursos turísticos

Fonte dos Ánxeles

Fonte dos Ánxeles

Fonte histórica documentada desde 1613 e reconstruída en 1834, con escudos da cidade e do arcedián Pedro de Ben.
Construída no ano 1834, tal e como vemos no seu frontón. Dispón de dous escudos: un, o da cidade, e outro, o do arcediago D. Pedro de Ben. Esta fonte xa aparecía documentada no ano 1613.