Mapa Xeral

Unha visión global de Betanzos e dos seus principais recursos turísticos

Alfolí

Alfolí

Edificio medieval destinado ao almacenamento e pesado do sal, produto clave do comercio portuario de Betanzos.
Edificio medieval que se usaba como almacén e lugar de pesado do sal. Un dos principais produtos no comercio do porto de Betanzos. O nome “alfolí” vén do árabe e tradúcese como “pozo de sal”. O comercio de sal estaba regulado polo rei e en Betanzos foi tan importante que chegou a pleitear coa cidade da Coruña polo monopolio do devandito comercio. Hai que sinalar que, ademais, na ría de Betanzos contábase con salinas propias ubicadas na zona do Pedrido.