Mapa Xeral

Unha visión global de Betanzos e dos seus principais recursos turísticos

Iglexa parroquial de San Martiño de Bravío

Iglexa parroquial de San Martiño de Bravío

Igrexa románica do século XII con estrutura sinxela, arco triunfal e espadana dobre como elemento dominante.
Igrexa de estilo románico do século XII. Presenta unha planta rectangular onde se encontra unha soa nave. No interior o espazo intermedio entre o presbiterio e a nave está delimitado por un arco triunfal de medio punto, sostido por dúas columnas unidas con capiteis de follas de acanto rematadas en bóla. A nave presenta unha estrutura aérea de madeira, mentres que a ábsida se cobre cunha bóveda de canón. No exterior a fachada principal concentra toda a decoración, que se organiza ao longo dun imaxinario eixo vertical no que se inscribe a porta principal e, sobre ela, un pequeno oco rectangular. A cornixa interrómpese no medio para servir de base á espadana dobre rematada por unha cruz e flanqueada por dous pináculos con bóla.