Mapa Xeral

Unha visión global de Betanzos e dos seus principais recursos turísticos

Fonte das Catro Estacións

Fonte das Catro Estacións

Fonte monumental inspirada na fonte Louvois de París, decorada con figuras femininas que representan as catro estacións do ano.
A fábrica é de cemento e ten planta octogonal, foi obra de artistas locais baixo o encargo de D. Juan García Naveira. É unha copia doutra fonte semellante que se atopa en París (fonte Louvois, feita 1884 polo escritor Klagman e situada á entrada da Biblioteca Nacional). Recibe o nome das catro figuras femininas, de corte clasicista, que ten no seu fuste central para representar as estacións do ano. Un gran recipiente, a modo de cunca, recolle a auga que despois distribúe por varios canos rematados en máscaras.