Mapa Xeral

Unha visión global de Betanzos e dos seus principais recursos turísticos

Estatua da Caridade

Estatua da Caridade

Escultura contemporánea A Caridade, reinterpretación da Caridade Romana, que simboliza a solidariedade e o legado filantrópico dos irmáns García Naveira.
"A Caridade" está realizada por un artista italiano e é unha interpretación libre do cadro de Benito Crespi "A caridade romana". A escultura reflicte un home condenado a morrer de fame, coas mans atadas, e a súa filla (e nai), que aproveita as visitas ao penal para darlle de mamar e así mantelo vivo. A muller sostén un micro de teléfono polo que fala. No monumento dos irmáns Navieira, Juan recibe a chamada e Jesús sinala o asilo que eles crearon onde practican a caridade.