Mapa Xeral

Unha visión global de Betanzos e dos seus principais recursos turísticos

Ponte Vella

Ponte Vella

Ponte medieval documentada desde 1219, de cinco arcos e 59 metros de lonxitude, hoxe atravesada polos peregrinos do Camiño Inglés.

Xa existía en 1219 co nome de "Unctia". Foi derrubada polo menos dúas veces debido ás crecidas do río. En 1577 reconstruíuna Juan de Náveda, quen parece incorporarlle unha torre no seu centro, que sería coñecida popularmente como a "Cara Mona"(foi destruída entre 1820 e 1823 ). Na actualidade, ten unha lonxitude de 59 metros e está formada por cinco arcos de medio punto, con tallamares triangulares a ambos os dous lados. Atravésana os peregrinos e as peregrinas do Camiño Inglés.