Mapa Xeral

Unha visión global de Betanzos e dos seus principais recursos turísticos

Ponte de Roibeira

Ponte de Roibeira

É unha estrutura en pedra situada nunha zona rodeada de árbores e verde vexetación. Mide 70 metros de longo. Coñécese con este nome por razóns puramente xeográficas, pois a ponte localízase no lugar de Roibeira e dela hai referencias escritas desde a propia Idade Media, motivo polo que en moitos sitios se describa esta ponte como medieval. Non obstante, o certo é que a estrutura foi obxecto de diferentes modificacións ao longo da súa historia que cambiaron en gran parte a súa imaxe orixinal.