Mapa Xeral

Unha visión global de Betanzos e dos seus principais recursos turísticos

Casa Irmáns García Naveira

Casa Irmáns García Naveira

Edificio afrancesado construído en 1890 como vivenda e negocio de Juan García Naveira, destacado polo uso do mármore e pola súa placa conmemorativa.
Á súa volta de Arxentina en 1890, don Juan establece a súa vivenda na praza. Trátase dun edificio de estilo afrancesado situado nos soportais. Obra do arquitecto Juan de Ciórraga. Na planta superior atopábase a vivenda da familia e na inferior, as oficinas do seu negocio. Destaca na fachada o uso do mármore e unha placa conmemorativa.