Cultura, Tradición, Gastronomía
Ruta que percorre festas, mercados, produtos locais e espazos culturais de Betanzos, poñendo en valor a súa tradición, gastronomía e vida popular.
Viño de Betanzos
O branco lexítimo, variedade histórica de uva, conta con Indicación Xeográfica Protexida
O viño branco de Betanzos, tamén coñecido como o branco lexítimo, é unha das catro Indicacións Xeográficas Protexidas de viños de Galicia. Como en calquera denominación ou indicación protexida a zona de cultivo é fundamental, neste caso estamos a falar de municipios da provincia da Coruña próximos a Betanzos, por suposto incluído este: Bergondo, Coirós, Miño e Paderne; e parte doutros: Abegondo, Oza dos Ríos e Sada. Zona coñecida pola súa vinculación ao mar, e que cada vez estará máis presente no ámbito enolóxico.
Fálase xa do viño de Betanzos desde a Idade Media, un período no que mesmo chegou a ser un dos principais produtos de comercio. Tras sufrir varias pragas no século XIX, os cultivos decaeron ata o finais do XX, momento no que se recuperaron cepas históricas e realizáronse investigacións científicas.
Cando falamos da historia da IGP Terras de Betanzos debemos falar da recuperación da variedade principal, a do famoso branco lexítimo, pero tamén de Agudelo.
Danzas Gremiales
Antigas danzas gremiais medievais de Betanzos, como a danza de arcos dos mariñeiros e a dos labregos, que conservan a vestimenta tradicional.
As Balconadas
Tortilla de Betanzos
Repolo de Betanzos
“Arroz con chícharos, patacas novas, repolo de Betanzos e máis cebolas”. A popular canción galega fai referencia a este produto da horta betanceira
Bolo da Magdalena
Antigamente, o luns de Pascua ou Luns da Magdalena degustábase este prato tradicional semellante a unha empanada
Viño de Betanzos
O branco lexítimo, variedade histórica de uva, conta con Indicación Xeográfica Protexida
Loureiros ou Adegas de Viño do País
Mercados semanais
Feiras mensuais
Globo de San Roque
O globo de papel máis grande do mundo elévase cada 16 de agosto en homenaxe ao patrón de Betanzos, San Roque
Xira dos Caneiros
Romaría fluvial con centos de embarcacións engalanadas que soben polo río Mandeo ata Os Caneiros para celebrar unha tarde de música, baile, bebida e amizade
Festas Patronais de San Roque
Feira Franca Medieval
Semana Santa
Romería das Angustias
Os Alborotados
Os Remedios
Festa solemne do 8 de setembro na honra da Virxe dos Remedios, con misas multitudinarias e unha procesión moi concorrida.
Museo das Mariñas
Ampla colección etnográfica de traxes tradicionais, fotografía e historia.
CIEC (Centro Internacional da Estampa Contemporánea)
Obradoiro e museo dedicado á estampa. No edificio modernista creado por Rafael González Villar para a familia Núñez.