Cultura, Tradición, Gastronomía

Ruta que percorre festas, mercados, produtos locais e espazos culturais de Betanzos, poñendo en valor a súa tradición, gastronomía e vida popular.

Danzas Gremiales

Danzas Gremiales

Antigas danzas gremiais medievais de Betanzos, como a danza de arcos dos mariñeiros e a dos labregos, que conservan a vestimenta tradicional.

Reminiscencia do insigne pasado de Betanzos son as danzas gremiais da baixa Idade Media. Ata os nosos días chegan a do gremio dos mariñeiros, tamén coñecida como danza de arcos, e as do gremio dos labregos. Ademais da súa grande beleza, destacan por conservar tamén os traxes gremiais.