Cultura, Tradición, Gastronomía
Ruta que percorre festas, mercados, produtos locais e espazos culturais de Betanzos, poñendo en valor a súa tradición, gastronomía e vida popular.
Os Alborotados
Celébrase o 28 de setembro. As persoas devotas chegaban pola noite, non había aloxamento, era tempo da vendima e a veciñanza da rúa dos Remedios preparaban viño, anunciado cos tradicionais loureiros ás portas das casas, como se adoitaba facer por estas terras. Os romeiros e as romeiras, tralo efecto do perfume e o sabor do viño que bebían para espabilar o sono, pasaban a noite alborotando, e armábase unha algueirada moi ruidosa, completada ás veces polo estrépito que causaban os toneis e barrís que a veciñanza tiña postos a secar ao sol nas portas das súas vivendas, para máis tarde gardar neles o viño. Os devanditos toneles e barrís botábanse a rodar pola pendente rúa abaixo. De aquí o nome «Alborotados».
Danzas Gremiales
Antigas danzas gremiais medievais de Betanzos, como a danza de arcos dos mariñeiros e a dos labregos, que conservan a vestimenta tradicional.
As Balconadas
Tortilla de Betanzos
Repolo de Betanzos
“Arroz con chícharos, patacas novas, repolo de Betanzos e máis cebolas”. A popular canción galega fai referencia a este produto da horta betanceira
Bolo da Magdalena
Antigamente, o luns de Pascua ou Luns da Magdalena degustábase este prato tradicional semellante a unha empanada
Viño de Betanzos
O branco lexítimo, variedade histórica de uva, conta con Indicación Xeográfica Protexida
Loureiros ou Adegas de Viño do País
Mercados semanais
Feiras mensuais
Globo de San Roque
O globo de papel máis grande do mundo elévase cada 16 de agosto en homenaxe ao patrón de Betanzos, San Roque
Xira dos Caneiros
Romaría fluvial con centos de embarcacións engalanadas que soben polo río Mandeo ata Os Caneiros para celebrar unha tarde de música, baile, bebida e amizade
Festas Patronais de San Roque
Feira Franca Medieval
Semana Santa
Romería das Angustias
Os Alborotados
Os Remedios
Festa solemne do 8 de setembro na honra da Virxe dos Remedios, con misas multitudinarias e unha procesión moi concorrida.
Museo das Mariñas
Ampla colección etnográfica de traxes tradicionais, fotografía e historia.
CIEC (Centro Internacional da Estampa Contemporánea)
Obradoiro e museo dedicado á estampa. No edificio modernista creado por Rafael González Villar para a familia Núñez.