Cultura, Tradición, Gastronomía
Ruta que percorre festas, mercados, produtos locais e espazos culturais de Betanzos, poñendo en valor a súa tradición, gastronomía e vida popular.
Os Remedios
Festa solemne do 8 de setembro na honra da Virxe dos Remedios, con misas multitudinarias e unha procesión moi concorrida.
Celébrase o día 8 de setembro. Esta festa é a principal, a máis solemne e concorrida; asisten devotos de toda a comarca desde Ferrol, Oza dos Ríos, Paderne... e non digamos de Betanzos. As misas das oito, nove, dez e once son un abarrote. Non hai moitos anos os devotos/as subían a rúa de xeonllos, case sempre na compaña de familiares ou amizades que lles daban a man, apoiábanse nun pau ou simplemente en soidade; o máis usual era levar os xeonllos protexidos cunhas xeonlleiras de fabricación caseira; nalgún caso raro, para expresar maior sacrificio subíana a pel descuberta e, está claro, facíanselles feridas sanguentas. As visitas á imaxe da Virxe dos Remedios son continuas e a procesión en horario de tarde é sempre moi concorrida.
Danzas Gremiales
Antigas danzas gremiais medievais de Betanzos, como a danza de arcos dos mariñeiros e a dos labregos, que conservan a vestimenta tradicional.
As Balconadas
Tortilla de Betanzos
Repolo de Betanzos
“Arroz con chícharos, patacas novas, repolo de Betanzos e máis cebolas”. A popular canción galega fai referencia a este produto da horta betanceira
Bolo da Magdalena
Antigamente, o luns de Pascua ou Luns da Magdalena degustábase este prato tradicional semellante a unha empanada
Viño de Betanzos
O branco lexítimo, variedade histórica de uva, conta con Indicación Xeográfica Protexida
Loureiros ou Adegas de Viño do País
Mercados semanais
Feiras mensuais
Globo de San Roque
O globo de papel máis grande do mundo elévase cada 16 de agosto en homenaxe ao patrón de Betanzos, San Roque
Xira dos Caneiros
Romaría fluvial con centos de embarcacións engalanadas que soben polo río Mandeo ata Os Caneiros para celebrar unha tarde de música, baile, bebida e amizade
Festas Patronais de San Roque
Feira Franca Medieval
Semana Santa
Romería das Angustias
Os Alborotados
Os Remedios
Festa solemne do 8 de setembro na honra da Virxe dos Remedios, con misas multitudinarias e unha procesión moi concorrida.
Museo das Mariñas
Ampla colección etnográfica de traxes tradicionais, fotografía e historia.
CIEC (Centro Internacional da Estampa Contemporánea)
Obradoiro e museo dedicado á estampa. No edificio modernista creado por Rafael González Villar para a familia Núñez.