Cultura, Tradición, Gastronomía

Ruta que percorre festas, mercados, produtos locais e espazos culturais de Betanzos, poñendo en valor a súa tradición, gastronomía e vida popular.

Loureiros ou Adegas de Viño do País

Loureiros ou Adegas de Viño do País

En localidades como Betanzos, a maneira que atoparon as adegas locais de anunciar que se vendía excedente de viño pasaba por poñer unha folla de loureiro na entrada dos seus fogares. Desde a Idade Media pervive esa tradición na que os colleiteiros e as colleiteiras venden viño nas súas casas e adegas. A veciñanza acode coas súas merendas. É unha tradición case extinta.