Cultura, Tradición, Gastronomía
Ruta que percorre festas, mercados, produtos locais e espazos culturais de Betanzos, poñendo en valor a súa tradición, gastronomía e vida popular.
As Balconadas
Betanzos, cidade medieval de pedra e galerías brancas, acolle desde 1988 a Bienal de Balconadas, un certame internacional de pintura que engalana os balcóns de todo o centro histórico durante o verán. Cunha media de 130 obras participantes procedentes de máis de 20 países, o certame converte Betanzos nun museo ao aire libre con centos de obras sorprendentes de estética moi variada.
Danzas Gremiales
Antigas danzas gremiais medievais de Betanzos, como a danza de arcos dos mariñeiros e a dos labregos, que conservan a vestimenta tradicional.
As Balconadas
Tortilla de Betanzos
Repolo de Betanzos
“Arroz con chícharos, patacas novas, repolo de Betanzos e máis cebolas”. A popular canción galega fai referencia a este produto da horta betanceira
Bolo da Magdalena
Antigamente, o luns de Pascua ou Luns da Magdalena degustábase este prato tradicional semellante a unha empanada
Viño de Betanzos
O branco lexítimo, variedade histórica de uva, conta con Indicación Xeográfica Protexida
Loureiros ou Adegas de Viño do País
Mercados semanais
Feiras mensuais
Globo de San Roque
O globo de papel máis grande do mundo elévase cada 16 de agosto en homenaxe ao patrón de Betanzos, San Roque
Xira dos Caneiros
Romaría fluvial con centos de embarcacións engalanadas que soben polo río Mandeo ata Os Caneiros para celebrar unha tarde de música, baile, bebida e amizade
Festas Patronais de San Roque
Feira Franca Medieval
Semana Santa
Romería das Angustias
Os Alborotados
Os Remedios
Festa solemne do 8 de setembro na honra da Virxe dos Remedios, con misas multitudinarias e unha procesión moi concorrida.
Museo das Mariñas
Ampla colección etnográfica de traxes tradicionais, fotografía e historia.
CIEC (Centro Internacional da Estampa Contemporánea)
Obradoiro e museo dedicado á estampa. No edificio modernista creado por Rafael González Villar para a familia Núñez.