Cultura, Tradición, Gastronomía

Ruta que percorre festas, mercados, produtos locais e espazos culturais de Betanzos, poñendo en valor a súa tradición, gastronomía e vida popular.

Festas Patronais de San Roque

Festas Patronais de San Roque

A orixe destas festas parece estar nas epidemias de peste que padeceu a cidade a comezos do século XV e no culto que desde entón se establece por San Roque, o peregrino de Montpellier, ao que a lenda atribúe a loita contra o devandito mal. Desde entón, a veciñanza de Betanzos levantou na súa honra unha capela extramuros da cidade, creou unha confraría, nomeouno Patrón Tutelar e realizoulle un voto en 1416 que parece marcar o inicio da tradición. Na década dos anos trinta do século XIX, o Concello de Betanzos acordou custear as festas da cidade, que progresivamente ían ampliando os festexos con todo tipo de innovacións. Entre as tradicións máis importantes destas festas, destacan dúas actividades que teñen a súa orixe no século XIX: o lanzamento dun globo de papel e a xira fluvial dos Caneiros.