Cultura, Tradición, Gastronomía
Ruta que percorre festas, mercados, produtos locais e espazos culturais de Betanzos, poñendo en valor a súa tradición, gastronomía e vida popular.
Feira Franca Medieval
A primeira Feira Franca Medieval de Betanzos tivo lugar en Betanzos en xullo do ano 1998. Celebrouse desde aquela, de maneira ininterrompida, o segundo domingo do mes de xullo e toda a fin de semana correspondente.
Trátase, sen dúbida, do proxecto de máis impacto económico e social nos últimos anos en Betanzos. Pódese dicir que o seu crecemento foi espectacular, en gran medida pola gran implicación, tanto do propio Concello (organizador do evento desde o principio), como das asociacións e a poboación betanceira e da comarca en xeral.
A idea de realizar unha Feira Franca Medieval en Betanzos xorde como consecuencia da aplicación da historia, xa que Betanzos tiña unha feira que duraba todo o mes de novembro, alá polos séculos XIV e XV. Quizais a base do éxito sexa que durante a Feira Franca se representan escenas da propia historia betanceira, coa colaboración e a participación case exclusiva das asociacións e a veciñanza da nosa cidade. É dicir, eles e elas fan de actores e actrices, de corpo de baile, de nobres, de campesiños/as, de leprosos/as etc., sen que interveña ningunha compañía de teatro profesional nestas representacións. Por outra parte, as rúas e os balcóns dos edificios do centro histórico de Betanzos son engalanados con teas e estandartes que representan os escudos das familias betanceiras do baixo medievo. Todo se dispón nesas datas para que adentrarse na vila sexa o máis parecido posible a unha viaxe ao pasado máis esplendoroso da cidade.
Danzas Gremiales
Antigas danzas gremiais medievais de Betanzos, como a danza de arcos dos mariñeiros e a dos labregos, que conservan a vestimenta tradicional.
As Balconadas
Tortilla de Betanzos
Repolo de Betanzos
“Arroz con chícharos, patacas novas, repolo de Betanzos e máis cebolas”. A popular canción galega fai referencia a este produto da horta betanceira
Bolo da Magdalena
Antigamente, o luns de Pascua ou Luns da Magdalena degustábase este prato tradicional semellante a unha empanada
Viño de Betanzos
O branco lexítimo, variedade histórica de uva, conta con Indicación Xeográfica Protexida
Loureiros ou Adegas de Viño do País
Mercados semanais
Feiras mensuais
Globo de San Roque
O globo de papel máis grande do mundo elévase cada 16 de agosto en homenaxe ao patrón de Betanzos, San Roque
Xira dos Caneiros
Romaría fluvial con centos de embarcacións engalanadas que soben polo río Mandeo ata Os Caneiros para celebrar unha tarde de música, baile, bebida e amizade
Festas Patronais de San Roque
Feira Franca Medieval
Semana Santa
Romería das Angustias
Os Alborotados
Os Remedios
Festa solemne do 8 de setembro na honra da Virxe dos Remedios, con misas multitudinarias e unha procesión moi concorrida.
Museo das Mariñas
Ampla colección etnográfica de traxes tradicionais, fotografía e historia.
CIEC (Centro Internacional da Estampa Contemporánea)
Obradoiro e museo dedicado á estampa. No edificio modernista creado por Rafael González Villar para a familia Núñez.