Patrimonio de Betanzos

Conxunto de bens históricos, artísticos e culturais que reflicten a identidade e a evolución de Betanzos ao longo do tempo

Ponte Vella das Cascas

Ponte Vella das Cascas

Ponte Vella das Cascas, citada no ano 1200, reconstruída no século XIX e conservada como elemento histórico do casco urbano.
Ponte dun só arco, con peitorís e pedra de cantería, situada no centro histórico da vila de Betanzos. Coa denominación de Ponte Vella das Cascas" xa aparece citada no ano 1200. En 1809 é voada polos ingleses no seu camiño cara á Coruña, polo que o seu arco substitúese por vigas e taboleiros de carballo. En 1839 lévase a cabo unha reconstrución en pedra, que lle dá o aspecto actual. En 1846 engádeselle un brasón coas armas da vila. Ten uns catro metros de ancho e conserva dous cubos de poñente, sobre os que se abren outros tantos apartadoiros con asentos.