Patrimonio de Betanzos

Conxunto de bens históricos, artísticos e culturais que reflicten a identidade e a evolución de Betanzos ao longo do tempo

Capela da Magdelana

Capela da Magdelana

Capela do século XVIII de pequenas dimensións, herdeira dun antigo hospital medieval para leprosos baixo a advocación de San Lázaro.
Capela do século XVIII. Presenta unha planta rectangular de pequenas dimensións. O interior é de gran sinxeleza. O exterior concentra a decoración na fachada principal, onde sobre un eixo vertical se superpoñen a porta adintelada, un rosetón e, rompendo a cornixa, unha sinxela espadana dun só corpo. Segundo diversos documentos esta capela existe desde finais do século XVI, pois pertencía a un antigo hospital baixo a advocación de San Lázaro, destinado a persoas enfermas de lepra.