Patrimonio de Betanzos

Conxunto de bens históricos, artísticos e culturais que reflicten a identidade e a evolución de Betanzos ao longo do tempo

Casa do Pobo

Casa do Pobo

Edificio promovido en 1917 grazas ao legado de Xesús García Naveira para a Federación de Sociedades Obreiras de Betanzos.

O seu emprazamento débese a un legado de don Jesús García Naveira a favor da “Federación de Sociedades Obreiras de Betanzos” por valor de 50.000 pesetas, que utilizaron para encargar ao arquitecto Rafael González Villar a obra en 1917.