Patrimonio de Betanzos

Conxunto de bens históricos, artísticos e culturais que reflicten a identidade e a evolución de Betanzos ao longo do tempo

Lavadoiro Público Gratuíto

Lavadoiro Público Gratuíto

Lavadoiro público inaugurado en 1902 polos irmáns García Naveira, con dúas plantas e capacidade para máis de vinte lavandeiras segundo as mareas.
O lavadoiro de Betanzos é outra das moitas obras de carácter filantrópico dos irmáns García Naveira, inaugurado en 1902 cunha superficie de 348m² e dividido en dúas plantas. Na planta baixa hai dúas filas de lavadoiros, para usalas segundo o nivel das mareas, e con capacidade para 22 lavandeiras, así como unha lareira e secadoiros cubertos. Na planta alta hai máis secadoiros cubertos.