Patrimonio de Betanzos

Conxunto de bens históricos, artísticos e culturais que reflicten a identidade e a evolución de Betanzos ao longo do tempo

Igrexa de Santa María do Azougue

Igrexa de Santa María do Azougue

Igrexa gótica dos séculos XIV-XV con retablos flamengos, pinturas murais e sepulcros da sociedade medieval betanceira.
Situada na praza Fernán Pérez de Andrade "O Boo", foi edificada entre a segunda metade do século XIV e a primeira do XV, por obra do cabaleiro que dá nome á praza onde se ubica e o seu sucesor Fernán Pérez "O Mozo", sobre outro templo máis antigo de época románica. Ten planta basilical, tres naves, máis ancha a central que as laterais, cuberta de madeira a dúas augas e con tres capelas absidiais, todas elas con bóveda de crucería. O tímpano da portada principal ten dúas escenas, unha Epifanía ou Adoración dos Reis e unha Anunciación. A entrada atópase flanqueada por dúas fornelas coas imaxes, un pouco arcaizantes, da Virxe e do arcanxo San Gabriel (Anunciación). Destacan no interior o retablo coas tallas flamencas, o capitel do calendario agrícola, as pinturas murais do século XVI e un conxunto de sepulcros de membros da sociedade civil medieval da cidade.