Patrimonio de Betanzos

Conxunto de bens históricos, artísticos e culturais que reflicten a identidade e a evolución de Betanzos ao longo do tempo

Fonte da Cangrexeira

Fonte da Cangrexeira

Fonte citada en documentos de 1633, tamén coñecida como Fonte de San Gregorio, vinculada ao porto e ao barrio da Magdalena.
Aparece citada en documentos de 1633, aínda que a actual é do século XVIII. Nalgúns documentos aparece citada como Fonte de San Gregorio. Daría servizo a barcos que chegaban á zona portuaria e ao barrio da Madalena e á fábrica de curtidos que alí se situaba.