Betanzos en tres días

Unha proposta completa para descubrir Betanzos con tranquilidade, combinando patrimonio histórico, natureza, arte e tradicións locais.

Viño de Betanzos

Viño de Betanzos

O branco lexítimo, variedade histórica de uva, conta con Indicación Xeográfica Protexida
O viño branco de Betanzos, tamén coñecido como o branco lexítimo, é unha das catro Indicacións Xeográficas Protexidas de viños de Galicia. Como en calquera denominación ou indicación protexida a zona de cultivo é fundamental, neste caso estamos a falar de municipios da provincia da Coruña próximos a Betanzos, por suposto incluído este: Bergondo, Coirós, Miño e Paderne; e parte doutros: Abegondo, Oza dos Ríos e Sada. Zona coñecida pola súa vinculación ao mar, e que cada vez estará máis presente no ámbito enolóxico. Fálase xa do viño de Betanzos desde a Idade Media, un período no que mesmo chegou a ser un dos principais produtos de comercio. Tras sufrir varias pragas no século XIX, os cultivos decaeron ata o finais do XX, momento no que se recuperaron cepas históricas e realizáronse investigacións científicas. Cando falamos da historia da IGP Terras de Betanzos debemos falar da recuperación da variedade principal, a do famoso branco lexítimo, pero tamén de Agudelo.