Betanzos en tres días

Unha proposta completa para descubrir Betanzos con tranquilidade, combinando patrimonio histórico, natureza, arte e tradicións locais.

Pazo  de  Piadela

Pazo de Piadela

Pazo neoclásico do século XVIII de planta en escuadra, con escudo moi ornamentado e promovido por un arcebispo compostelán.
Pazo construído no século XVIII (1728), de estilo neoclásico. É un edificio de planta en forma de escuadra, onde se desenvolven dúas alturas. Na fachada principal destaca un escudo de armas moi ornamentado. O pazo foi mandado levantar polo arcebispo de Santiago de Compostela Don Juan Sánchez Baamonde. É de propiedade privada.