Betanzos en tres días

Unha proposta completa para descubrir Betanzos con tranquilidade, combinando patrimonio histórico, natureza, arte e tradicións locais.

Ponte do ferrocarril

Ponte do ferrocarril

A ponte do ferrocarril construíuse para a liña férrea Betanzos-Ferrol en 1905, sobre unha canle escavada co fin de desviar a ría. É unha ponte colgante coas características de principios do século XX. Ponte férrea, que se sostén sobre piares graníticos en ambas as cabezas. Foi restaurada en 1983.