Betanzos en tres días

Unha proposta completa para descubrir Betanzos con tranquilidade, combinando patrimonio histórico, natureza, arte e tradicións locais.

Hórreo da Rúa Nova

Hórreo da Rúa Nova

Este hórreo urbano do século XVIII é de propiedade privada e lembra o antigo Orreum mencionado na carta fundacional de Betanzos de 1219.

Hórreo moi coñecido na cidade de Betanzos tanto polo seu carácter urbano como pola súa antigüidade, xa que data do século XVIII. Propiedade privada. Pola súa localización lembra o antigo “Orreum” citado xa na acta constitutiva da cidade no ano 1219.