Betanzos en tres días

Unha proposta completa para descubrir Betanzos con tranquilidade, combinando patrimonio histórico, natureza, arte e tradicións locais.

Muíños de Caraña

Muíños de Caraña

Zona de basta concentración de muíños na antigüidade. Hoxe podemos ver 19 antigos muíños de maquía para a moenda de gran (trigo, centeo e millo), en distintos estados de conservación; unha antiga curtiduría, onde se situaban os pelamios que dan nome ao río que facía funcionar todos estes enxeños hidráulicos; e varias fontes; ademais de numerosos saltos de auga moi pintorescos.