Betanzos en tres días

Unha proposta completa para descubrir Betanzos con tranquilidade, combinando patrimonio histórico, natureza, arte e tradicións locais.

Escolas García Naveira

Escolas García Naveira

Escolas construídas en 1908 polos irmáns García Naveira, de estilo ecléctico, con métodos educativos innovadores e hoxe sede de servizos sociais.

A súa construción foi custeada polos irmáns que lle dan nome, a principios do século XX. É un edificio onde se perciben tendencias ecléctico-historicistas. Compartían localización co Asilo. Construídas en 1908, caracterizáronse por usaren métodos de ensino liberais. Contaban cun museo de ciencias naturais ou gabinete de curiosidades para o uso do alumnado. Destacaban as amplas e luminosas aulas. Actualmente albergan a sede dos servizos sociais municipais.