Oficios e tradicións
A memoria viva de Betanzos a través dos seus gremios, festas e cultura popular
Globo de San Roque
O globo de papel máis grande do mundo elévase cada 16 de agosto en homenaxe ao patrón de Betanzos, San Roque
A orixe da tradición aerostática encóntrase nunha celebración realizada en 1814, concretamente o 29 de maio, con motivo da onomástica do rei Fernando VII, cando os betanceiros lanzaron ao ceo un globo de papel para conmemorar tal acontecemento. Este acto celebrouse no campo da feira, a actual praza dos Irmáns García Naveira, e contan as crónicas que o lanzamento causou unha grande admiración no público que se congregou ese día. Este fito, bastante habitual nos festexos da época, repetiuse novamente en 1837 co lanzamento de dous aeróstatos para celebrar a redacción dun novo texto constitucional.
A primeira mención ao globo de papel ligado coas celebracións na honra de San Roque aparece en 1834. Ese ano o Concello de Betanzos gasta 78 reais en convidar a unha ponchada e a unha merenda a toda a rapazada que traballara na elaboración dos globos. Ademais destes custos, o Arquivo Municipal de Betanzos conserva a relación de produtos comprados para tal fin, entre os que destacan os gastos en aceite, papel de estraza, estopa, brea, bramante, fariña ou as resmas de papel. Eses globos elaborados polos veciños xa portaban barquiñas que desprendían fogos de artificio.
Os datos máis concretos comezan a aparecer na segunda metade do século. Por exemplo, consérvase no Arquivo Municipal de Betanzos un expediente no que se recolle unha factura de 1866 na que se lle pagan a Luis Abella «80 escudos pola construción de dous globos aerostáticos». Estes dous globos serían lanzados, seguramente, a noite do 15 e do 16 de agosto, o que se recoñece na documentación como o globo pequeno e o globo grande. A cantidade amplíase en 1868 ao pagárlle ao mesmo construtor 96 escudos pola elaboración de tres aeróstatos, lanzados neste caso e de menor a maior, nas noites do 14, 15 e 16 de agosto. Luis Abella será substituído por Antonio Pedreira, quen aparece na documentación como «echador de globos» nas festas de 1872, e que cobrará pola confección de tres globos de papel.
Existe logo un lapso de documentación ata que en 1875 hai constancia, por primeira vez, da aparición en escena de Claudino Pita Pandelo. Este mozo de 16 anos foi o encargado de manter a tradición, de facer modificacións no globo e encargarse da súa supervivencia. A pesar de ser funcionario de Correos, contaría cun taller no antigo convento de San Domingo, onde elaboraría o dispositivo que presidía todas as festas.
Museo das Mariñas
Ampla colección etnográfica de traxes tradicionais, fotografía e historia.
Danzas Gremiales
Antigas danzas gremiais medievais de Betanzos, como a danza de arcos dos mariñeiros e a dos labregos, que conservan a vestimenta tradicional.
Globo de San Roque
O globo de papel máis grande do mundo elévase cada 16 de agosto en homenaxe ao patrón de Betanzos, San Roque
Feiras mensuais
Festas Patronais de San Roque
Feira Franca Medieval
Muíños de Caraña
Muíños da Acea e Roibeira
Hórreo da Rúa Nova
Este hórreo urbano do século XVIII é de propiedade privada e lembra o antigo Orreum mencionado na carta fundacional de Betanzos de 1219.
Hórreos da Galera
Conxunto de cinco hórreos tipo Mariñán xunto ao río Mendo, lembranza do antigo espazo de secado do millo desde o século XVII.
Porto de Betanzos
O porto medieval de Betanzos non se conservou, pero mantéñense peiraos e zonas de paseo
Fonte dos Ánxeles
Fonte histórica documentada desde 1613 e reconstruída en 1834, con escudos da cidade e do arcedián Pedro de Ben.
Fonte da Cangrexeira
Fonte citada en documentos de 1633, tamén coñecida como Fonte de San Gregorio, vinculada ao porto e ao barrio da Magdalena.
Fonte de Diana Cazadora
Fonte monumental inaugurada en 1867, réplica da Diana do Louvre, un dos símbolos urbanos máis recoñecibles de Betanzos.
Fonte de Picachá
Fonte neoclásica de 1911, obra de Francisco Javier Martínez Santiso, decorada con semicolumnas, escudos e figuras mariñas.
Lavadoiro Público Gratuíto
Lavadoiro público inaugurado en 1902 polos irmáns García Naveira, con dúas plantas e capacidade para máis de vinte lavandeiras segundo as mareas.
Tortilla de Betanzos
Casas Populares Fonte de Unta, A Cañota e Rúa Quiroga
Barrio tradicional agrícola da Fonte de Unta, caracterizado por soportais e balcóns de madeira usados como hórreos urbanos.
Bolo da Magdalena
Antigamente, o luns de Pascua ou Luns da Magdalena degustábase este prato tradicional semellante a unha empanada
Repolo de Betanzos
“Arroz con chícharos, patacas novas, repolo de Betanzos e máis cebolas”. A popular canción galega fai referencia a este produto da horta betanceira