Oficios e tradicións

A memoria viva de Betanzos a través dos seus gremios, festas e cultura popular

Feiras mensuais

Feiras mensuais

Realízanse no Concello de Betanzos como unha maneira de desenvolvemento da comunidade, de dinamización e produción da comarca para estimular o intercambio económico mantendo esta forma de comercio tradicional. Localizacións: feira do gando no recinto feiral de Bellavista. Degustación de polbo no recinto de polbeiras. Feira tradicional na praza Irmáns García Naveira, o cantón de Claudino Pita, rúa do Castro e todo o centro histórico. Días: 1 e 16 de cada mes, agás a do 1 de decembro que se traslada ao 30 de novembro. Alimentación: froitas, hortalizas e verduras, patacas, queixos do país e curados, ovos, embutidos, produtos do forno e churros. Xeral: téxtil e calzado. Outros: artesanía e bixutería. De tempada: árbores froiteiras, plantas e flores.