Oficios e tradicións
A memoria viva de Betanzos a través dos seus gremios, festas e cultura popular
Festas Patronais de San Roque
A orixe destas festas parece estar nas epidemias de peste que padeceu a cidade a comezos do século XV e no culto que desde entón se establece por San Roque, o peregrino de Montpellier, ao que a lenda atribúe a loita contra o devandito mal. Desde entón, a veciñanza de Betanzos levantou na súa honra unha capela extramuros da cidade, creou unha confraría, nomeouno Patrón Tutelar e realizoulle un voto en 1416 que parece marcar o inicio da tradición. Na década dos anos trinta do século XIX, o Concello de Betanzos acordou custear as festas da cidade, que progresivamente ían ampliando os festexos con todo tipo de innovacións.
Entre as tradicións máis importantes destas festas, destacan dúas actividades que teñen a súa orixe no século XIX: o lanzamento dun globo de papel e a xira fluvial dos Caneiros.
Museo das Mariñas
Ampla colección etnográfica de traxes tradicionais, fotografía e historia.
Danzas Gremiales
Antigas danzas gremiais medievais de Betanzos, como a danza de arcos dos mariñeiros e a dos labregos, que conservan a vestimenta tradicional.
Globo de San Roque
O globo de papel máis grande do mundo elévase cada 16 de agosto en homenaxe ao patrón de Betanzos, San Roque
Feiras mensuais
Festas Patronais de San Roque
Feira Franca Medieval
Muíños de Caraña
Muíños da Acea e Roibeira
Hórreo da Rúa Nova
Este hórreo urbano do século XVIII é de propiedade privada e lembra o antigo Orreum mencionado na carta fundacional de Betanzos de 1219.
Hórreos da Galera
Conxunto de cinco hórreos tipo Mariñán xunto ao río Mendo, lembranza do antigo espazo de secado do millo desde o século XVII.
Porto de Betanzos
O porto medieval de Betanzos non se conservou, pero mantéñense peiraos e zonas de paseo
Fonte dos Ánxeles
Fonte histórica documentada desde 1613 e reconstruída en 1834, con escudos da cidade e do arcedián Pedro de Ben.
Fonte da Cangrexeira
Fonte citada en documentos de 1633, tamén coñecida como Fonte de San Gregorio, vinculada ao porto e ao barrio da Magdalena.
Fonte de Diana Cazadora
Fonte monumental inaugurada en 1867, réplica da Diana do Louvre, un dos símbolos urbanos máis recoñecibles de Betanzos.
Fonte de Picachá
Fonte neoclásica de 1911, obra de Francisco Javier Martínez Santiso, decorada con semicolumnas, escudos e figuras mariñas.
Lavadoiro Público Gratuíto
Lavadoiro público inaugurado en 1902 polos irmáns García Naveira, con dúas plantas e capacidade para máis de vinte lavandeiras segundo as mareas.
Tortilla de Betanzos
Casas Populares Fonte de Unta, A Cañota e Rúa Quiroga
Barrio tradicional agrícola da Fonte de Unta, caracterizado por soportais e balcóns de madeira usados como hórreos urbanos.
Bolo da Magdalena
Antigamente, o luns de Pascua ou Luns da Magdalena degustábase este prato tradicional semellante a unha empanada
Repolo de Betanzos
“Arroz con chícharos, patacas novas, repolo de Betanzos e máis cebolas”. A popular canción galega fai referencia a este produto da horta betanceira