Esenciais

Os lugares e experiencias esenciais para descubrir a esencia de Betanzos nunha primeira visita

Igrexa parroquial de Santa María de Pontellas

Igrexa parroquial de Santa María de Pontellas

Igrexa románica do século XIII dunha soa nave, con arco triunfal apuntado e sinxela espadana, exemplo sobrio do románico rural galego.
Igrexa de estilo románico do século XIII. Presenta unha planta rectangular onde se encontra unha soa nave. No interior o espazo entre o presbiterio e a nave está delimitado por un arco triunfal apuntado e de sección rectangular, que descansa sobre dúas columnas de avultadas baseas, fuste de pouco grosor e estilizados capiteis de colariño sogado. No exterior a fachada principal concentra toda a decoración, e organízase segundo un imaxinario eixo vertical no que se inscribe a porta principal e un pequeno oco cuadrangular. A cornixa interrómpese no medio para servir de base a unha sinxela espadana. A cuberta a dúas augas está rematada con cubrición de tella curva.