Esenciais

Os lugares e experiencias esenciais para descubrir a esencia de Betanzos nunha primeira visita

Igrexa parroquial de San Martiño de Tiobre

Igrexa parroquial de San Martiño de Tiobre

Igrexa románica do século XII de nave única e rica decoración escultórica na portada e na espadana.
Igrexa de estilo románico do século XII. Presenta unha planta rectangular onde se encontra unha soa nave e unha ábsida rectangular. No interior, o espazo intermedio entre o presbiterio e a nave está delimitado por un arco triunfal apuntado, sostido por semicolumnas unidas, con capiteis composteláns que mesturan follas, volutas e cabezas. No exterior a fachada principal concentra toda a ornamentación. A porta rectangular áchase inscrita nun tímpano con escasa decoración e sobre el hai arquivoltas semicirculares con catro columnas acobadadas nas xambas con capiteis corintios de decoración vexetal. Sobresae a espadana dobre rematada nun corpo triangular flanqueado por pináculos. Os muros do edificio son de cantería de granito. A cuberta a dúas augas está rematada con cubrición de tella curva.