Esenciais
Os lugares e experiencias esenciais para descubrir a esencia de Betanzos nunha primeira visita
Convento de Donas
Antigo convento medieval con orixes no século XI, vencellado a As Donas e ao priorado de As Cascas, hoxe en estado de ruína parcial.
No mesmo lugar no que hoxe se atopa o convento das Donas, crese que con anterioridade existiron unhas dependencias monacais que as fontes medievais citan baixo a denominación de San Paio de Genrozo. As súas orixes non están moi claras, pero posiblemente o cenobio, habitado por unha comunidade de monxes benedictinos, dataría do século XI e estaría vencellado á figura de D. Froilán Bermúdez. Con todo, os relixiosos cesaron pronto as súas actividades e non sería ata o 1145 que se levaría a cabo a fundación dun novo convento por iniciativa de Bermudo Pérez de Traba, membro dunha das familias máis poderosas da Galicia da época. Este recuperará o antigo mosteiro co obxectivo de deixalo en herdanza á súa filla dona Pega, a quen nomeará abadesa. Co tempo, o recentemente renomeado Convento da nosa Señora de Donas será entregado ao mosteiro de Sobrado pola propia dona Pega, de xeito que ambas as institucións quedarían vinculadas para dar lugar ao Priorado das Cascas. Esta situación manterase ata que a desamortización levada a cabo na primeira metade do século XIX peche As Donas definitivamente. Empezarán entón unha serie de procesos que levarán á alteración da estrutura orixinal do convento e á progresiva destrución dos seus compoñentes.
Parque do Pasatempo
Xardín histórico creado por Juan García Naveira a finais do século XIX, famoso polas súas grutas, esculturas e simbolismo social e cultural.
Capela da Magdelana
Capela do século XVIII de pequenas dimensións, herdeira dun antigo hospital medieval para leprosos baixo a advocación de San Lázaro.
Convento de Donas
Antigo convento medieval con orixes no século XI, vencellado a As Donas e ao priorado de As Cascas, hoxe en estado de ruína parcial.
Porta da Vila
Antiga porta medieval de Betanzos, tamén coñecida como Porta Real, decorada cos escudos de Galicia, Castela e León e a cidade.
Edificio Arquivo- Liceo
Edificio neoclásico do século XVIII creado para albergar o Arquivo do Reino de Galicia e actual sede do Liceo de Betanzos.
Antigo Hospital de Santo Antonio
Casa Núñez
Edificio modernista de Rafael González Villar que combina arquitectura, comercio e arte, hoxe sede da Fundación CIEC.
Palco da Música
Pazo neoclásico do século XVIII, de planta en escuadra e gran escudo heráldico, promovido polo arcebispo Sánchez Baamonde.
Soportais do Campo
Rúa popular con casas de galerías e soportais, hoxe zona de bares e restaurantes e punto de encontro social en Betanzos.
Estatua Irmáns García Naveira
Magnolio de Lanzós
Arboreda histórica de magnolios plantados en 1884, situada entre a igrexa de Santiago e o Pazo dos Lanzós, moi apreciada pola súa sombra no verán.
Pazo de Illobre
Edificio histórico dos séculos XV e XVI con soportal oxival e brasóns, que conserva o seu uso institucional como sede de Facenda.
Igrexa das Angustias
Igrexa barroca do século XVIII de cruz latina, destacada pola súa impoñente fachada de cantaría.
Igrexa de Nosa Sra. do Camiño
Santuario renacentista vinculado ao Camiño Inglés, relacionado con lendas marianas e a atención histórica aos peregrinos.
Igrexa de Santa María do Azougue
Igrexa gótica dos séculos XIV-XV con retablos flamengos, pinturas murais e sepulcros da sociedade medieval betanceira.
Iglesia de Santiago
Igrexa do século XV de transición do románico ao gótico, vinculada a Fernán Pérez de Andrade e ao Camiño de Santiago.
Igrexa parroquial de Santo Estevo de Piadela
Igrexa do século XVI de nave única, sen estilo definido, con interesante volumetría e singular campanario integrado na fachada.
Iglexa parroquial de San Martiño de Bravío
Igrexa románica do século XII con estrutura sinxela, arco triunfal e espadana dobre como elemento dominante.
Igrexa parroquial de San Martiño de Tiobre
Igrexa románica do século XII de nave única e rica decoración escultórica na portada e na espadana.
Igrexa parroquial de Santa María de Pontellas
Igrexa románica do século XIII dunha soa nave, con arco triunfal apuntado e sinxela espadana, exemplo sobrio do románico rural galego.
Igrexa parroquial de Santiago de Requián
Igrexa barroca de nave única con tribuna e destacada espadana dobre, representativa da arquitectura relixiosa popular da comarca.
Igrexa e Convento de San Francisco
Templo gótico do século XIV declarado BIC, con extraordinarios sepulcros da familia Andrade e rica decoración escultórica.
Igrexa e Convento de Santo Domingo
Igrexa e convento dominico iniciado no século XVI, con claustro histórico e torre desde a que se lanza o tradicional globo de San Roque.
Capela de Nosa Sra. do Amparo
Capela neoclásica dedicada a Nosa Señora do Amparo, con fachada sinxela e nicho de granito coa imaxe da Virxe.
Casa Consistorial
Casa Consistorial neoclásica deseñada por Ventura Rodríguez, con escudos históricos e unha destacada colección pictórica no seu interior.