Roteiro de Betanzos Monumental
Ruta que percorre o casco histórico de Betanzos, descubrindo os seus principais monumentos, prazas e recunchos con encanto.
Porta da Vila
Antiga porta medieval de Betanzos, tamén coñecida como Porta Real, decorada cos escudos de Galicia, Castela e León e a cidade.
Está porta era coñecida tamén polo nome de Porta Real debido ás armas (escudos) que a decoraban. Os escudos podían verse desde o Campo da Feira e estaban situados sobre a porta segundo se describe: á esquerda o do Reino de Galicia, con 5 copóns ou cálices; no centro, o de Castela e León e á dereita, o da cidade coa ponte e a torre. Baixo eles unha inscrición LAS: DEL: REI: NO: E: LA CIBDAD. Estarían datados no último terzo do século XV, despois da concesión do título de cidade a Betanzos por Enrique IV en 1465. Curiosamente repuxéronse unha vez que se fixo a reconstrución de portas e murallas ordenadas polos Reis Católicos.
O escudo de Galicia desta porta é a representación máis antiga do devandito emblema que se conserva en toda a rexión. Simboliza cos seus cinco copóns as cinco provincias nas que se dividiu o Reino de Galicia ata o século XV, que logo pasaron a sete, ata a actual división en catro.
En 1865 o Concello de Betanzos decide derrubar as portas porque daban mal aspecto e dificultaban a entrada da xente. Ao longo dese ano derrúbase esta porta pero consérvanse os escudos, que se situaron nas casas que alí existían. Ata 1903 non se leva a cabo un proxecto de ampliación e ensanche, que sería completado en 1911 coas varandas e farois modernistas.
Porta da Vila
Antiga porta medieval de Betanzos, tamén coñecida como Porta Real, decorada cos escudos de Galicia, Castela e León e a cidade.
Praza da Constitución
Praza histórica de Betanzos onde se concentran o Concello, a Torre do Reloxo, a igrexa de Santiago e varios pazos medievais.
Iglesia de Santiago
Igrexa do século XV de transición do románico ao gótico, vinculada a Fernán Pérez de Andrade e ao Camiño de Santiago.
Igrexa de Santa María do Azougue
Igrexa gótica dos séculos XIV-XV con retablos flamengos, pinturas murais e sepulcros da sociedade medieval betanceira.
Igrexa e Convento de San Francisco
Templo gótico do século XIV declarado BIC, con extraordinarios sepulcros da familia Andrade e rica decoración escultórica.
Porta do Cristo
Porta medieval do casco histórico de Betanzos, tamén coñecida como Porta da Ribeira ou Porta de Paio Fermoso, construída no século XV.
Convento das Agustinas Recoletas
Convento dos séculos XVII-XVIII con claustro do XVI, escudos históricos e valiosos retablos da Escola Compostelá.
Porta da Ponte Vella
Porta medieval do século XV que conserva as guías do rastrillo e foi lugar de control de pesos das mercadorías do mercado.