Roteiro de Betanzos Monumental
Ruta que percorre o casco histórico de Betanzos, descubrindo os seus principais monumentos, prazas e recunchos con encanto.
Igrexa de Santa María do Azougue
Igrexa gótica dos séculos XIV-XV con retablos flamengos, pinturas murais e sepulcros da sociedade medieval betanceira.
Situada na praza Fernán Pérez de Andrade "O Boo", foi edificada entre a segunda metade do século XIV e a primeira do XV, por obra do cabaleiro que dá nome á praza onde se ubica e o seu sucesor Fernán Pérez "O Mozo", sobre outro templo máis antigo de época románica.
Ten planta basilical, tres naves, máis ancha a central que as laterais, cuberta de madeira a dúas augas e con tres capelas absidiais, todas elas con bóveda de crucería.
O tímpano da portada principal ten dúas escenas, unha Epifanía ou Adoración dos Reis e unha Anunciación. A entrada atópase flanqueada por dúas fornelas coas imaxes, un pouco arcaizantes, da Virxe e do arcanxo San Gabriel (Anunciación).
Destacan no interior o retablo coas tallas flamencas, o capitel do calendario agrícola, as pinturas murais do século XVI e un conxunto de sepulcros de membros da sociedade civil medieval da cidade.
Porta da Vila
Antiga porta medieval de Betanzos, tamén coñecida como Porta Real, decorada cos escudos de Galicia, Castela e León e a cidade.
Praza da Constitución
Praza histórica de Betanzos onde se concentran o Concello, a Torre do Reloxo, a igrexa de Santiago e varios pazos medievais.
Iglesia de Santiago
Igrexa do século XV de transición do románico ao gótico, vinculada a Fernán Pérez de Andrade e ao Camiño de Santiago.
Igrexa de Santa María do Azougue
Igrexa gótica dos séculos XIV-XV con retablos flamengos, pinturas murais e sepulcros da sociedade medieval betanceira.
Igrexa e Convento de San Francisco
Templo gótico do século XIV declarado BIC, con extraordinarios sepulcros da familia Andrade e rica decoración escultórica.
Porta do Cristo
Porta medieval do casco histórico de Betanzos, tamén coñecida como Porta da Ribeira ou Porta de Paio Fermoso, construída no século XV.
Convento das Agustinas Recoletas
Convento dos séculos XVII-XVIII con claustro do XVI, escudos históricos e valiosos retablos da Escola Compostelá.
Porta da Ponte Vella
Porta medieval do século XV que conserva as guías do rastrillo e foi lugar de control de pesos das mercadorías do mercado.