Roteiro de Betanzos Monumental
Ruta que percorre o casco histórico de Betanzos, descubrindo os seus principais monumentos, prazas e recunchos con encanto.
Convento das Agustinas Recoletas
Convento dos séculos XVII-XVIII con claustro do XVI, escudos históricos e valiosos retablos da Escola Compostelá.
O Convento das Agustinas Recoletas foi construído nos séculos XVII-XVIII. Neste lugar ubicábase o Hospital da Anunciata, probable obra de Fernán Pérez de Andrade. Destacan os escudos da fachada; un, de Carlos V, e o outro de Betanzos. Todo o conxunto foi realizado en pedra, dentro do cal destaca o claustro que é obra do século XVI. Garda no seu interior dous retablos da Escola Compostelá.
A igrexa é moi sixnela, de mampostería enmarcada por pedra de cantería, ao igual que a cúpula coroada con lanterna.
Porta da Vila
Antiga porta medieval de Betanzos, tamén coñecida como Porta Real, decorada cos escudos de Galicia, Castela e León e a cidade.
Praza da Constitución
Praza histórica de Betanzos onde se concentran o Concello, a Torre do Reloxo, a igrexa de Santiago e varios pazos medievais.
Iglesia de Santiago
Igrexa do século XV de transición do románico ao gótico, vinculada a Fernán Pérez de Andrade e ao Camiño de Santiago.
Igrexa de Santa María do Azougue
Igrexa gótica dos séculos XIV-XV con retablos flamengos, pinturas murais e sepulcros da sociedade medieval betanceira.
Igrexa e Convento de San Francisco
Templo gótico do século XIV declarado BIC, con extraordinarios sepulcros da familia Andrade e rica decoración escultórica.
Porta do Cristo
Porta medieval do casco histórico de Betanzos, tamén coñecida como Porta da Ribeira ou Porta de Paio Fermoso, construída no século XV.
Convento das Agustinas Recoletas
Convento dos séculos XVII-XVIII con claustro do XVI, escudos históricos e valiosos retablos da Escola Compostelá.
Porta da Ponte Vella
Porta medieval do século XV que conserva as guías do rastrillo e foi lugar de control de pesos das mercadorías do mercado.