Patrimonio Relixioso

Conxunto de igrexas do casco histórico e parroquiais, conventos, capelas, cruceiros e un cemiterio de valor histórico.

Igrexa parroquial de Santo Estevo de Piadela

Igrexa parroquial de Santo Estevo de Piadela

Igrexa do século XVI de nave única, sen estilo definido, con interesante volumetría e singular campanario integrado na fachada.
Igrexa, sen estilo definido, do século XVI. Presenta unha planta rectangular onde se encontra unha soa nave. No interior o espazo intermedio entre o presbiterio e a nave está delimitado por un arco triunfal. No exterior presenta un interesante xogo volumétrico, no que destaca a pureza dos distintos corpos. Na fachada principal a porta de acceso mostra un arco de medio punto, con grandes dovelas e impostas en resalte, e un pequeno escudo que dá paso a unha xanela. A cornixa serve de base a un singular campanario, que actúa como segundo corpo no pano de fachada.