Patrimonio Relixioso

Conxunto de igrexas do casco histórico e parroquiais, conventos, capelas, cruceiros e un cemiterio de valor histórico.

Igrexa de Nosa Sra. do Camiño

Igrexa de Nosa Sra. do Camiño

Santuario renacentista vinculado ao Camiño Inglés, relacionado con lendas marianas e a atención histórica aos peregrinos.
Pertence á parroquia de Tiobre e está situada na ruta do Camiño Inglés a Santiago. É de estilo renacentista, dos séculos XVI-XVII (1568-1601). A construción do edificio atribúeselle a Juan de Herrera, e atópase sobre o terreo dunha antiga hermita. A planta divídese en tres tramos de diferente altura: ábsida, cruceiro e nave. O corpo principal pertence ao presbiterio cuberto por unha gran bóveda de dobre trazado con terceletes. No cruceiro ábrense dúas capelas, dedicadas a San Caetano e Santo Antón, ambas as cubertas con bóveda de crucería. Na fachada principal contén as imaxes de Cristo, Santiago e San Roque. A orixe do templo está relacionado coas lendas baseadas nas aparicións da Virxe. Sábese da existencia neste mesmo lugar dunha ermida anterior, que posuía hospital para peregrinos.