Patrimonio Relixioso
Conxunto de igrexas do casco histórico e parroquiais, conventos, capelas, cruceiros e un cemiterio de valor histórico.
Igrexa e Convento de Santo Domingo
Igrexa e convento dominico iniciado no século XVI, con claustro histórico e torre desde a que se lanza o tradicional globo de San Roque.
Está situada na praza dos Irmáns García Naveira. Comeza a súa construción a mediados do século XVI, sobre unha antiga capela, cando chegan a Betanzos os dominicos. Durante os séculos XVII e XVIII continúan as obras. É un edificio de mampostería, agás a capela maior, que en parte é de pedra de cantería. Cóbrese con bóveda, igual que o presbiterio. Tres capelas flanquean a nave. Na fachada está a porta de acceso, que presenta un modesto pórtico renacentista, sobre o que se encontra unha fornela con Santo Domingo e unha fiestra. Destaca, porén, a torre construída no século XVIII, ao parecer por d Desta torre elévase o tradicional globo de San Roque, na noite do 16 de agosto. Convento de Santo Domingo. Os dominicos instálanse nesta cidade pola disposición testamentaria do presbítero Antonio González de Sosa, e pola doazón dunha familia nobre, establecen cátedras de diversas materias no recinto, que chega a albergar 16 frades. Nel destaca o claustro con grandes fiestras, os arcos das dependencias e a escalinata de acceso ás celas. Trala desamortización de 1835 pasa a ser de propiedade municipal e os dominicos son expulsados da vila. Actualmente alberga a Biblioteca Municipal e o Museo das Mariñas.
Antigo Hospital de Santo Antonio
Capela de Nosa Sra. do Amparo
Capela neoclásica dedicada a Nosa Señora do Amparo, con fachada sinxela e nicho de granito coa imaxe da Virxe.
Capela da Magdelana
Capela do século XVIII de pequenas dimensións, herdeira dun antigo hospital medieval para leprosos baixo a advocación de San Lázaro.
Convento de Donas
Antigo convento medieval con orixes no século XI, vencellado a As Donas e ao priorado de As Cascas, hoxe en estado de ruína parcial.
Convento das Agustinas Recoletas
Convento dos séculos XVII-XVIII con claustro do XVI, escudos históricos e valiosos retablos da Escola Compostelá.
Igrexa de Santa María do Azougue
Igrexa gótica dos séculos XIV-XV con retablos flamengos, pinturas murais e sepulcros da sociedade medieval betanceira.
Iglesia de Santiago
Igrexa do século XV de transición do románico ao gótico, vinculada a Fernán Pérez de Andrade e ao Camiño de Santiago.
Igrexa parroquial de Santo Estevo de Piadela
Igrexa do século XVI de nave única, sen estilo definido, con interesante volumetría e singular campanario integrado na fachada.
Iglexa parroquial de San Martiño de Bravío
Igrexa románica do século XII con estrutura sinxela, arco triunfal e espadana dobre como elemento dominante.
Igrexa parroquial de San Martiño de Tiobre
Igrexa románica do século XII de nave única e rica decoración escultórica na portada e na espadana.
Igrexa parroquial de Santa María de Pontellas
Igrexa románica do século XIII dunha soa nave, con arco triunfal apuntado e sinxela espadana, exemplo sobrio do románico rural galego.
Igrexa parroquial de Santiago de Requián
Igrexa barroca de nave única con tribuna e destacada espadana dobre, representativa da arquitectura relixiosa popular da comarca.
Igrexa e Convento de San Francisco
Templo gótico do século XIV declarado BIC, con extraordinarios sepulcros da familia Andrade e rica decoración escultórica.
Igrexa e Convento de Santo Domingo
Igrexa e convento dominico iniciado no século XVI, con claustro histórico e torre desde a que se lanza o tradicional globo de San Roque.
Cruceiro de Santa María
Cruceiro situado no centro histórico de Betanzos
Igrexa das Angustias
Igrexa barroca do século XVIII de cruz latina, destacada pola súa impoñente fachada de cantaría.
Igrexa de Nosa Sra. do Camiño
Santuario renacentista vinculado ao Camiño Inglés, relacionado con lendas marianas e a atención histórica aos peregrinos.