Patrimonio Etnográfico
Mapa do patrimonio etnográfico de Betanzos, con oficios, tradicións e expresións da cultura popular
Hórreos da Galera
Conxunto de cinco hórreos tipo Mariñán xunto ao río Mendo, lembranza do antigo espazo de secado do millo desde o século XVII.
Conxunto de 5 hórreos de tipo mariñán á beira do río Mendo en recordo do antigo conxunto de máis de 15 que ocupaban o lugar outrora, onde secaban a produción de millo desde a introdución en Galicia deste cereal no século XVII.
A cámara é de madeira, con barrotes verticais. Tres deles están pintados de verde e os outros dous, en vermello. A porta de acceso sitúase nun lado costal.
Na actualidade apoian sobre cepas, aínda que no conxunto primitivo habíaos tanto sobre postes de madeira como sobre cepas de cachotería. As cubertas son de tella do país, a dúas augas e non presentan adornos.
Antigo Matadoiro Municipal
Antigo matadoiro municipal de comezos do século XX, con arquitectura singular e decoración en ferro e azulexo.
Alfolí
Edificio medieval destinado ao almacenamento e pesado do sal, produto clave do comercio portuario de Betanzos.
Rúa Os Xudeus
Casas Populares Fonte de Unta, A Cañota e Rúa Quiroga
Barrio tradicional agrícola da Fonte de Unta, caracterizado por soportais e balcóns de madeira usados como hórreos urbanos.
Muíños da Acea e Roibeira
Muíños de Caraña
Fonte da Cangrexeira
Fonte citada en documentos de 1633, tamén coñecida como Fonte de San Gregorio, vinculada ao porto e ao barrio da Magdalena.
Fonte de Picachá
Fonte neoclásica de 1911, obra de Francisco Javier Martínez Santiso, decorada con semicolumnas, escudos e figuras mariñas.
Fonte dos Ánxeles
Fonte histórica documentada desde 1613 e reconstruída en 1834, con escudos da cidade e do arcedián Pedro de Ben.
Hórreo da Rúa Nova
Este hórreo urbano do século XVIII é de propiedade privada e lembra o antigo Orreum mencionado na carta fundacional de Betanzos de 1219.
Hórreos da Galera
Conxunto de cinco hórreos tipo Mariñán xunto ao río Mendo, lembranza do antigo espazo de secado do millo desde o século XVII.
Porto de Betanzos
O porto medieval de Betanzos non se conservou, pero mantéñense peiraos e zonas de paseo
Ruta de Pelamios
Ruta familiar xunto ao río Pelamios, de pouco máis de 1,5 km, sinxela e tranquila, ideal para gozar da natureza con nenos.