Patrimonio Etnográfico
Mapa do patrimonio etnográfico de Betanzos, con oficios, tradicións e expresións da cultura popular
Alfolí
Edificio medieval destinado ao almacenamento e pesado do sal, produto clave do comercio portuario de Betanzos.
Edificio medieval que se usaba como almacén e lugar de pesado do sal. Un dos principais produtos no comercio do porto de Betanzos. O nome “alfolí” vén do árabe e tradúcese como “pozo de sal”. O comercio de sal estaba regulado polo rei e en Betanzos foi tan importante que chegou a pleitear coa cidade da Coruña polo monopolio do devandito comercio. Hai que sinalar que, ademais, na ría de Betanzos contábase con salinas propias ubicadas na zona do Pedrido.
Antigo Matadoiro Municipal
Antigo matadoiro municipal de comezos do século XX, con arquitectura singular e decoración en ferro e azulexo.
Alfolí
Edificio medieval destinado ao almacenamento e pesado do sal, produto clave do comercio portuario de Betanzos.
Rúa Os Xudeus
Casas Populares Fonte de Unta, A Cañota e Rúa Quiroga
Barrio tradicional agrícola da Fonte de Unta, caracterizado por soportais e balcóns de madeira usados como hórreos urbanos.
Muíños da Acea e Roibeira
Muíños de Caraña
Fonte da Cangrexeira
Fonte citada en documentos de 1633, tamén coñecida como Fonte de San Gregorio, vinculada ao porto e ao barrio da Magdalena.
Fonte de Picachá
Fonte neoclásica de 1911, obra de Francisco Javier Martínez Santiso, decorada con semicolumnas, escudos e figuras mariñas.
Fonte dos Ánxeles
Fonte histórica documentada desde 1613 e reconstruída en 1834, con escudos da cidade e do arcedián Pedro de Ben.
Hórreo da Rúa Nova
Este hórreo urbano do século XVIII é de propiedade privada e lembra o antigo Orreum mencionado na carta fundacional de Betanzos de 1219.
Hórreos da Galera
Conxunto de cinco hórreos tipo Mariñán xunto ao río Mendo, lembranza do antigo espazo de secado do millo desde o século XVII.
Porto de Betanzos
O porto medieval de Betanzos non se conservou, pero mantéñense peiraos e zonas de paseo
Ruta de Pelamios
Ruta familiar xunto ao río Pelamios, de pouco máis de 1,5 km, sinxela e tranquila, ideal para gozar da natureza con nenos.