Inicio

Mapa para descubrir os imprescindibles de Betanzos: patrimonio, igrexas do centro, igrexas parroquiais, casco histórico e aloxamentos.

Camiño Inglés

Camiño Inglés

Ruta histórica do Camiño Inglés desde Ferrol ata Betanzos, pouco transitada, que combina mar e interior, paisaxes naturais e cidades medievais.
Xorde no século XII como alternativa ao Camiño Francés. É un roteiro que combina unha parte marítima, utilizada polos peregrinos do norte de Europa (de Inglaterra, de Irlanda, de países nórdicos etc.) para evitaren a ruta terrestre en épocas perigosas. É un camiño mixto (marítimo e terrestre), que perdeu importancia unha vez que se asentou o Camiño Francés como principal ruta, pero que se veu recuperando desde hai uns anos e agora emprégano numerosos peregrinos e peregrinas. É un camiño que non está explotado, o que permite percorrelo con tranquilidade e gozar dunha paisaxe que combina mar e interior, cidades medievais e aldeas galegas. Por tanto, o Camiño Inglés de peregrinación a Santiago parte de Ferrol, atravesa a comarca do Eume e chega a Betanzos. É unha etapa chea de recursos paisaxísticos e patrimoniais.