Inicio

Mapa para descubrir os imprescindibles de Betanzos: patrimonio, igrexas do centro, igrexas parroquiais, casco histórico e aloxamentos.

Antigo Matadoiro Municipal

Antigo Matadoiro Municipal

Antigo matadoiro municipal de comezos do século XX, con arquitectura singular e decoración en ferro e azulexo.

Edificio situado no centro histórico da vila de Betanzos, construído a principios do século XX (1910). Presenta unha planta rectangular rodeada de muros con casetas nos ángulos. O lugar de sacrificio atópase no centro da edificación. Na fachada principal aparecen tres volumes ben diferenciados, dos cales o central é o de maior altura. A porta de acceso ten un grande arco de ferradura decorado con ferro. Nos laterais a disposición dos vans é totalmente simétrica. Os panos dos muros combinan cachotería e cantería, así como azulexos debuxados na parte superior.