Descubre Betanzos

Descubre Betanzos ao teu ritmo a través de mapas interactivos que combinan patrimonio, natureza, cultura e experiencias únicas.

Mercados semanais

Mercados semanais

O mercado realízase no Concello de Betanzos para estimular o desenvolvemento agrario da comarca de Betanzos e facilitarlle á poboación o abastecemento de produtos naturais da terra de consumo diario. Localización: praza Irmáns García Naveira. Días: martes, xoves e sábados de cada semana menos vésperas e posteriores a días de feira. Vendedores/as: son os mesmos produtores/as dos artigos da horta da Comarca de Betanzos. Produtos: unicamente excedentes da horta producidos na Comarca de Betanzos.