Descubre Betanzos

Descubre Betanzos ao teu ritmo a través de mapas interactivos que combinan patrimonio, natureza, cultura e experiencias únicas.

Magnolio de Lanzós

Magnolio de Lanzós

Arboreda histórica de magnolios plantados en 1884, situada entre a igrexa de Santiago e o Pazo dos Lanzós, moi apreciada pola súa sombra no verán.
En 1884 faise unha plantación de magnolios entre este lugar e a praza da Constitución para formar un fermoso arboredo. Os da praza foron talados ao final da Guerra Civil por orde do alcalde do momento. Este consérvase entre a igrexa gótica de Santiago e o Pazo dos Lanzós, e a súa sombra é moi aprecida nos calorosos días de verán.